Vilarmaior celebra o sábado 14 a súa Festa Infantil de Entroido no pavillón da Armada

ACoruñaXa
A xornada comezará ás 17.00 h e incluirá xogos, discoanimación, obradoiros temáticos, inchable, toro mecánico e merenda para a cativada
entroido 2026 vilarmaior
5 Feb 2026

O Concello de Vilarmaior organiza este sábado 14 de febreiro a Festa Infantil de Entroido 2026, unha proposta pensada para que as familias gocen dunha tarde de celebración e disfraces. A actividade desenvolverase no Pavillón Municipal da Armada a partir das 17.00 h (ata as 20.00 h), cun programa centrado no lecer infantil.

Segundo informou o Concello, haberá xogos e discoanimación, ademais de obradoiros con temática de Entroido. A cita completarase con inchable e toro mecánico, e tamén se ofrecerá merenda para toda a cativada. Desde a organización animan a achegarse en familia e a participar co disfrace para converter o pavillón nunha auténtica festa de Entroido.

⚙ Configurar cookies
0.078973054885864