Vilarmaior abre o prazo de prematrícula da Casa Niño 'Os Poliños do Tres' para bebés e crianzas ata 3 anos

A Casa Niño 'Os Poliños do Tres', situada en Vilarmaior, abrirá o prazo de prematrícula para nenos e nenas de 3 meses a 3 anos entre o 2 e o 16 de marzo. O centro lembra que as familias interesadas recibirán información sobre a documentación necesaria para a valoración correspondente e poder optar a unha praza.
As persoas que queiran ampliar datos poden contactar a través do correo electrónico ospolinosdotres@gmail.com ou no teléfono 604 033 368.
As Casas Niño prestan unha atención integral e personalizada ás crianzas nestas idades, cubrindo necesidades básicas como alimentación, hixiene e descanso. Trátase dun servizo gratuíto que, ademais, busca dar resposta á conciliación familiar e favorecer a equidade no acceso aos servizos con independencia do lugar de residencia.