Vilarmaior abre o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal 2025/26


O Concello de Vilarmaior vén de poñer en marcha o proceso de inscrición para o Campamento de Nadal 2025/26, unha iniciativa destinada ao alumnado de educación infantil e primaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
O programa desenvolverase na Casa da Cultura de Vilarmaior en diversas xornadas do período vacacional. En decembro celebrarase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31, mentres que en xaneiro continuará os días 2, 5 e 7.
O horario de funcionamento será de 9.30 a 14.00 horas, aínda que as familias que o precisen poderán dispoñer dun servizo de madrugadores desde as 8.30 horas para facilitar a conciliación laboral e familiar.
Trátase dunha actividade con prazas limitadas, polo que o Concello anima ás persoas interesadas a formalizar a súa solicitude canto antes. O prazo para inscribirse permanecerá aberto até o 15 de decembro de 2025.
A taxa de participación establécese en 20 euros. No caso das familias numerosas de categoría xeral aplicarase unha bonificación do 50 por cento cando se anoten máis dun irmán ou irmá da mesma unidade familiar en calquera das actividades municipais ofertadas.