Vilarmaior abre inscricións para un curso práctico de plantación, poda e enxertos

O Concello de Vilarmaior pon en marcha un novo curso centrado en tarefas básicas de horta e froiteiras, como a plantación, a poda, os enxertos e o tratamento de enfermidades comúns. A actividade comezará o luns 12 de xaneiro de 2026 e desenvolverase todos os luns, de 16.00 a 18.00 horas.
As sesións terán lugar na Cámara Agraria (ao lado da Casa do Concello) e incluirán prácticas con saídas ao campo. O curso será impartido por Alberto Varela, cunha duración aproximada de dous meses e cunha cota de 20 euros ao mes. Para que poida saír adiante, establécese un mínimo de 10 participantes.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición na Casa do Concello ou chamando ao 981 78 17 09.