Vilarmaior abre as inscricións para ir ao Salón Teatro e ver ‘Memorias dun neno labrego’

ACoruñaXa
A saída en autobús será o sábado 17 de xaneiro de 2026 ás 15.30 h dende diante da Casa do Concello, cun prezo de 5 euros e 17 prazas dispoñibles
VILARMAIOR memorias neno
15 Jan 2026

O Concello de Vilarmaior abriu o prazo de inscrición para asistir no Salón Teatro de Santiago de Compostela á representación de ‘Memorias dun neno labrego’, unha proposta escénica dirixida por Cándido Pazó a partir do coñecido libro de Xosé Neira Vilas.

A actividade ten un custo de 5 euros, que inclúe tanto a entrada como o desprazamento en autobús. A saída está fixada para as 15.30 h diante da Casa do Concello e a función comezará ás 18.00 h. O regreso está previsto ás 20.15 h tras rematar a representación.

En total hai 17 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 981 78 17 09. A iniciativa enmárcase no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego ‘Sobes ao autobús do teatro?’.

⚙ Configurar cookies
0.044796943664551