Vilaboa, taboleiro central do III Open Internacional José Antonio Ferreño de xadrez

O Club Escola Xadrez Culleredo anuncia a terceira edición do seu torneo máis especial: o III Open Internacional 'José Antonio Ferreño'. A cita será o domingo 30 de novembro de 2025 no Centro Social Cultural e Recreativo de Rutis Vilaboa, en Culleredo. O evento é aberto a todas as idades e será válido para ELO FIDE en modalidade de xadrez rápido.
O formato inclúe 8 roldas, cun ritmo de 10 minutos máis 5 segundos por xogada, e un máximo de 130 participantes. A organización confirma premios económicos e gastronómicos para os mellores clasificados: o 1º premio ascende a 300 euros, ademais de trofeo e unha delicatessen local.
As inscricións están xa abertas a través do correo torneos.cexc@gmail.com. A listaxe de inscritos e o seguimento en directo pode consultarse aquí.