Vilaboa acollerá un obradoiro de primeiros auxilios o 9 de outubro

ACoruñaXa
Presencia Gitana, coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza a formación impartida por profesionais sanitarios
CULLEREDO taller vilaboa
3 Oct 2025

A Sala de Actividades Pintora María Cagiao, en Vilaboa, acollerá o xoves 9 de outubro un obradoiro de primeiros auxilios organizado pola asociación Presencia Gitana coa colaboración do Concello de Culleredo. A sesión, impartida por profesionais da Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias, dará comezo ás 16.30.

O taller busca ofrecer ferramentas básicas para actuar con eficacia ante situacións de urxencia, fomentando coñecementos sobre saúde e prevención. Está aberto ao público en xeral, aínda que se dará prioridade ás persoas usuarias da asociación e ás familias en situación de vulnerabilidade, co obxectivo de facilitar o acceso a esta formación aos colectivos máis necesitados.

As prazas son limitadas; para inscribirse cómpre reservar mediante chamada ao 636 55 33 81. A organización recomenda formalizar a inscrición canto antes.

⚙ Configurar cookies
0.22262787818909