Viadeiro celebra San Sebastián cunha festa e concerto de Xilo e Carlos o 17 de xaneiro

A parroquia de Viadeiro, no concello de Miño, festexará o vindeiro sábado 17 de xaneiro a súa festa en honra a San Sebastián cunha xornada de ambiente veciñal e música en directo. A cita desenvolverase no local social de Viadeiro e arrancará a partir das 21.30.
O evento está promovido pola Asociación Veciñal Santa María de Castro e contará cun concerto de Xilo e Carlos, dúo encargado de poñer ritmo á noite. Desde o Concello animan á veciñanza a achegarse e participar nunha celebración pensada para compartir e manter viva a tradición festiva da zona.