Vetusta Morla e Xoel López actuarán no festival Noroeste Estrella Galicia 2024
Vetusta Morla e Xoel López actuarán o vindeiro mes de agosto na praia de Riazor como parte do cartel da nova edición do Noroeste Estrella Galicia 2024. Así o avanzou a alcaldesa, Inés Rey, este mércores na presentación da estratexia turística da Coruña no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR, onde están a presentar o lema "A Coruña, cultura de vivir".
Un verán para gozar con concertos na cidade
A alcaldesa, Inés rey, tamén anunciou que a programación cultural de concertos da cidade deste verán ven cargada de sorpresas. "Este año el Coruña Sounds suma dos nuevos escenarios al Puerto", adiantou, en relación ás actuacións de Emilia Mernes no Coliseum o 22 de xuño e o cantautor Chris Isaak o 24 de xullo no Palacio da Ópera. Tamén recordou a exposición de Helmut Newton organizada pola Fundación Marta Ortega ata o mes de marzo. "Es el mismo puerto que dio origen a nuestro liderazgo económico en Galicia el que ahora consolida el cultural, atrayendo a visitantes de todo el mundo", destacou.
A rexedora fixo fincapé nos 12 festivais xa confirmados para este ano nos que, ademáis dos musicais, destacan os doutras artes como a celebración do CoruFest no mes de marzo ou do cómic en agosto, cunha nova edición de 'Viñetas desde O Atlántico'. "Sin embargo, me gustaría destacar que este año el Puerto de A Coruña volverá a ser uno de los espacios de referencia en la celebración de festivales", indicou.