Veciños e veciñas de Oza-Cesuras xa poden gozar das piscinas municipais de Salto e O Castelo

ACoruñaXa
As instalacións estarán dispoñibles para o público cun horario adaptado ás actividades programadas
piscinas-oza-ces
1 Jul 2025

O Concello de Oza-Cesuras inaugura a tempada de verán coa apertura das piscinas municipais de Salto e O Castelo. As instalacións estarán dispoñibles para o público cun horario adaptado ás actividades programadas.

De luns a xoves, o horario de funcionamento será de 14.00 a 20.00 horas. Nos días nos que non se impartan cursos de natación, as piscinas abrirán desde as 12.30 ata as 20.00 horas. Para máis información, as persoas interesadas poden acudir directamente ás instalacións municipais.

Esta apertura representa unha oportunidade para que a veciñanza goce do ocio estival e manteña unha vida activa durante os meses máis cálidos do ano.

 

⚙ Configurar cookies
0.17049694061279