Veciños de Teixeiro denuncian a inseguridade do túnel soterrado baixo as vías do tren

A veciñanza de Teixeiro alerta do risco constante que supón cruzar polo túnel soterrado situado na súa localidade, que non reúne as condicións mínimas de seguridade. As beirarrúas estreitas, a ausencia de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e as acumulacións de auga durante o inverno fan que o paso sexa perigoso e incómodo para todos.
O Concello de Curtis leva máis dunha década reclamando á Administración que se constrúa un paso a distinto nivel que garanta a protección e comodidade dos peatóns ao atravesar as vías. Ata o de agora, non se observaron actuacións por parte da entidade responsable.
Por iso, a comunidade e o goberno local fan un chamamento directo a ADIF para que actúe con urxencia e solvente esta situación que afecta a seguridade da cidadanía.