Veciños de Miño saíron á rúa para esixir melloras no colexio Castro Baxoi

ACoruñaXa
A manifestación, convocada pola ANPA, reclamou máis profesorado e melloras nas instalacións do colexio Castro Baxoi, afectado pola masificación e o crecemento da poboación en Miño
Imaxe da manifestación do pais do Castro Baxoi en Miño
16 Ago 2024

Na tarde de onte, arredor dun cento de persoas participaron nunha manifestación en Miño para reclamar melloras no colexio Castro Baxoi. Os participantes expresaron a súa preocupación pola masificación das aulas, o deterioro das instalacións e a falta de profesorado no centro, sendo este último un dos puntos máis demandados. A localidade de Miño é unha das que máis medra en poboación na comarca, sen que se vexa un incremento proporcional no número de docentes, o que agrava a situación do colexio.

A protesta foi convocada pola Asociación de Pais e Nais de Alumnos (ANPA) do colexio, que fixou a concentración para as 19.00 horas no paso de peóns da estrada DP-4803, á altura da saída da autopista AP-9. Debido á manifestación, a estrada permaneceu cortada ao tráfico durante o acto. O punto de encontro para os asistentes foi o restaurante Carboeira, desde onde se dirixiron ao lugar da protesta.

A concentración rematou sen incidentes, pero cunha clara demanda das familias para que se atenda a situación do centro educativo con urxencia, especialmente no referente á dotación de máis profesorado para facer fronte ao aumento da poboación escolar.

0.15385293960571