Veciñanza de A Anta e usuarios reclaman a Fomento o arranxo da antiga N-VI en Coirós

Os veciños de A Anta e usuarios do tramo da antiga N-VI en A Costa da Sal, no límite entre Coirós e Aranga, solicitan ao Ministerio de Fomento a reparación do firme. Trátase dun vial que hoxe dá servizo a parcelas forestais e ao acceso a unha granja de porcino.
O deterioro da calzada é notable: ao longo duns dous quilómetros poden verse socavóns que foron recheos con áridos de maneira provisional, o que complica a circulación e pon en risco a integridade de quen transita a diario. A veciñanza advirte de que a situación irá a peor coas choivas se non se actúa con urxencia.
Co fin de acreditar o estado da vía, achegáronse imaxes tomadas esta mesma mañá no lugar de A Anta. Os afectados piden un arranxo integral que devolva a seguridade a este treito da antiga N-VI.