ASPACE Coruña crea un decálogo de bo trato cara persoas con parálise celebral

ACoruñaXa
Os usuarios do centro ASPACE de Sada impulsaron a creación dun decálogo sobre como queren que se lles trate e redactárono xunto a compañeiros doutros centros da entidade repartidos polo territorio nacional.
aspace Ciudadanía Activa
aspace Ciudadanía Activa
18 Xan 2024

Os usuarios do centro ASPACE de Sada impulsaron a creación dun decálogo sobre como queren que se lles trate e redactárono xunto a compañeiros doutros centros da entidade repartidos polo territorio nacional.  Algunhas das demandas recollidas nel son: “Somos cidadáns e cidadás de pleno dereito”, “Trátame en función da idade que teño, non como un neno se non o son”, “Ten paciencia e tenta adaptarte ao noso ritmo” ou “Somos persoas valiosas, non nos digas que non podemos”.

O escrito consiste nun documento con 10 premisas que busca dar visibilidade ás demandas das persoas con parálise cerebral e das persoas con grandes necesidades de apoio de xeito que se asente no conxunto da sociedade o que para eles e elas son normas básicas dun trato correcto e digno. A idea de recoller as súas demandas nun decálogo parte da idea do grupo de Cidadanía Activa (conformado por usuarios da entidade) de facer á sociedade, institucións e os sistemas sociais coñecedores das normas e facerlles participes do cambio social promove o exercicio pleno de dereitos e a participación pública das persoas con maiores necesidades de apoio.

O obxectivo final desta iniciativa é trasladar o decálogo a diferentes sectores como centros educativos, centros sanitarios e medios de comunicación, entre outros, e entregalo en man en visitas e en charlas de sensibilización para que a mensaxe chegue a toda a sociedade.

A data escollida para a difusión do decálogo ven motivada pola aprobación este xoves 18 de xaneiro da eliminación do termo ‘diminuído’ na Constitución Española. Unha reforma moi celebrada dentro do colectivo, pois en España hai catro millóns de persoas con parálise cerebral. Así o aseguraba o xerente de ASPACE Coruña, Ricardo Iglesias: “A eliminación deste termo, ancorado no pasado e que non representa ao colectivo, supón un importantísimo avance social, porque a linguaxe é fundamental para facer posible a inclusión de todas as persoas. As persoas con discapacidade son cidadáns de pleno dereito e merecen un trato digno e respectuoso”.

0.091408967971802