Uns 200 deportistas dáranse cita este sábado no Tríatlon Concello de Oleiros

ACoruñaXa
A proba celebrarase en Mera entre as praias de Santa Ana a de Mera e o parque da Lagoa
Imaxe do cartel do Tríatlon Concello de Oleiros
20 Maio 2024

O vindeiro sábado 25 de maio celébrase o XXXIV Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16.00 horas.

Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé. A natación comezará a súa saída (ás 16.00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará situada no parque da Lagoa de Mera.

Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16.00 e as 18.00 horas (aproximadamente) desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.

TRIATLON
0.19303297996521