Unha viaxe pola literatura asturiana con Inaciu Galán en Portas Ártabras

ACoruñaXa
O acto contará coa presentación de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía
artabra-charla
27 Mar 2025

O venres 28 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia a cargo de Inaciu Galán, gañador da V Residencia Xacobeo para Tradutores/as de Literatura Galega. Durante a súa intervención, Galán introducirá ao público na lingua e literatura asturianas no contexto actual.

O acto contará coa presentación de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, quen dará inicio á conferencia que promete ser unha oportunidade única para coñecer en profundidade a riqueza e evolución da literatura asturiana.

A entrada será libre ata completar aforamento, polo que se recomenda chegar con antelación para asegurar a praza.

⚙ Configurar cookies
0.75895094871521