Unha viaxe a Ponferrada abrirá en Miño unha nova proposta de lecer para maiores de 55 anos

ACoruñaXa
O Concello programa a saída para o 23 de abril e abrirá o prazo de inscrición entre os días 14 e 20 na Oficina de Turismo
MIÑO excursion ponferrada
13 Apr 2026

O Concello de Miño organizará o vindeiro 23 de abril unha excursión a Ponferrada dirixida a persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio. A iniciativa busca ofrecer unha alternativa de lecer saudable, favorecer o envellecemento activo e impulsar a convivencia entre a veciñanza.

A saída está fixada para as 8.30 horas desde a rúa do Mercado. O desprazamento en autobús terá un custo de 8 euros por persoa e, unha vez en destino, os asistentes disporán de tempo libre para percorrer Ponferrada e coñecer a cidade con tranquilidade.

A xornada incluirá tamén xantar no restaurante DoceTorres. O menú estará composto por potaxe de garavanzos con bacallau e espinacas, tenreira estufada, sobremesa, auga, viño e pan. O prezo do xantar será de 18 euros.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición na Oficina de Turismo de Miño entre o 14 e o 20 de abril, ou antes no caso de que se esgoten as prazas dispoñibles.

Desde o Concello animan á veciñanza a sumarse a esta proposta e a gozar dunha xornada diferente, pensada para descubrir novos lugares e compartir tempo de lecer en compañía.

0.11858916282654