Unha trintena de persoas participou en Ordes na primeira fase do curso de aplicador de produtos fitosanitarios
ACoruñaXa
O curso, que consta de 25 horas de formación, continuará os días 13 e 14 de decembro

6 Dec 2025
Unha trintena de persoas participou na primeira fase do curso teórico-práctico para aplicadores de produtos fitosanitarios, que se está a desenvolver no centro sociocomunitario Isabel Zendal, en Ordes.
O curso, que consta de 25 horas de formación, continuará os días 13 e 14 de decembro. A asistencia a esta formación permitirá aos participantes presentarse ás probas para obter o carné homologado pola Xunta de Galicia, que se celebrarán o 19 de decembro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.