Unha trintena de deportistas participaron no I Encontro de Jiu Jitsu Ourense-Coruña

ACoruñaXa | OurenseXa
O evento, levado a cabo en Ourense, tivo como obxectivo preparar ao equipo galego que participará no próximo campionato de España
encontro-jiu-jitsu-ourense-coruña
I Encontro de Jiu Jitsu Ourense-Coruña
27 Jan 2025

Este 26 de xaneiro tivo lugar o I Encontro de Jiu Jitsu Ourense-Coruña da Federación Galega de Judo e Deportes Asociados. A cita, que contou co patrocinio do Concello de Ourense, desenvolveuse nas instalacións do Club Marbel na cidade das Burgas.

O encontro estivo dirixido polo seleccionador galego e máximo responsable técnico da Federación, subcampión continental e mundial, o ourensán Felipe Iglesias.

Iglesias explica que o obxectivo desta concentración foi “preparar ao equipo galego que participará no próximo campionato de España, onde a nosa provincia e comunidade están entre as mellores do país”.

Ademais, a cita estivo enfocada na mellora individual e no desenvolvemento de aspectos técnicos e tácticos para todos os participantes, xa que varios integrantes do departamento de Jiu Jitsu do Judo Club Marbel afrontarán diversos torneos nacionais e internacionais nas próximas datas.

0.16599798202515