Unha patinadora sadense logra o bronce en 200 metros contrarreloxo no Campionato de España

ACoruñaXa
Andrea Boedo competiu por primeira vez esta tempada na categoría sénior destacando tamén noutra proba
patinadora-sada
19 May 2025

A patinadora sadense Andrea Boedo Arza vén de acadar un novo éxito deportivo ao colgarse a medalla de bronce na proba de 200 metros contrarreloxo do Campionato de España de pista, celebrado en Barcelona.

Andrea, que compite esta tempada por primeira vez na categoría sénior, destacou tamén na proba de 500 metros sprint, na que obtivo un meritorio cuarto posto, quedando ás portas do podio nunha disciplina de gran esixencia.

Desde o Concello de Sada trasladaron os seus parabéns á deportista polo seu traballo e dedicación, salientando que os seus logros son un motivo de orgullo para todo o municipio.

⚙ Configurar cookies
0.18410706520081