Unha nova edición da Feira Cabalar chega a Miño cun variado programa de actividades

ACoruñaXa
O evento, organizado pola Sociedade Cabalar Miñense, contará con competicións en distintas modalidades
cabalar-minho
9 May 2025

O municipio de Miño será o escenario, o próximo 31 de maio, dunha nova edición da Feira Cabalar, un evento organizado pola Sociedade Cabalar Miñense en colaboración co Concello. A xornada comezará ás 09.00 horas coas medicións dos cabalos de menos de 1,5 metros de altura, dando paso posteriormente ás distintas probas incluídas no programa.

Durante o día, desenvolveranse competicións nas modalidades de morfoloxía de eguas cruzadas, andadura chapeada e serrada —tanto en categorías superiores como inferiores a 1,5 metros—, trote e andadura para menores de 16 anos. Os cinco primeiros clasificados de cada modalidade recibirán premio.

A feira ofrecerá tamén unha ampla variedade de actividades complementarias, como un mercado de produtos téxtiles, agrícolas e gastronómicos, paseos en pony, un servizo de polbo e churrasco, e unha exhibición canina a cargo do grupo de traballo Layamajo.

A organización lembra que é obrigatorio o uso de casco para todos os xinetes participantes nas probas. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 28 de maio.

 

⚙ Configurar cookies
0.1655740737915