Unha mañá de relax en Vilalba: Paderne retoma a saída ao spa tras aprazala pola folga de autobuses

O Concello de Paderne xa ten nova data para a saída ao Hotel Spa Attica21 Vilalba que estaba prevista para o 11 de febreiro e que tivo que ser aprazada pola folga de autobuses. A actividade, pensada para pasar unha mañá de descanso e benestar, celebrarase finalmente este mércores 25 de febreiro, con saída ás 9.30 horas desde a Casa do Concello.
O programa inclúe unha sesión de spa de 11.00 a 12.30 horas e o regreso a Paderne está marcado para as 14.00. O prezo é de 10 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autobús, monitor ou monitora e o acceso ás instalacións.
Desde o Concello lembran que as persoas que xa estaban inscritas manteñen a súa praza, aínda que quedan ocos libres. As prazas son limitadas e a actividade está dirixida a persoas de 60 ou máis anos, preferentemente empadroadas no municipio e sen necesidade de apoio para realizar a saída.
As inscricións poden facerse chamando ao 981 79 70 01 ou escribindo a cultura@concellodepaderne.com.