Unha judoka de Cambre, bronce no Campionato Galego de Judo na categoría Júnior

ACoruñaXa
Aitana Morales, veciña do municipio, acadou o podio no torneo celebrado en Ferrol
cambre-judoka
4 Feb 2025

Aitana Morales, judoka e veciña de Cambre, acadou a medalla de bronce no Campionato Galego de Judo na categoría Júnior (sub-21) -48 kg.

O torneo, celebrado en Ferrol, supuxo un gran reto para a deportista cambrense, que conseguiu subir ao podio a pesar de competir contra rivais de maior idade. Aitana, que aínda pertence á categoría Cadete (sub-18), demostrou un excelente nivel e confirmou a súa progresión no judo galego.

Desde o Concello de Cambre felicitan a Aitana Morales por este importante logro e destacan o seu talento e esforzo como exemplo para a mocidade deportista do municipio.

0.178062915802