Unha excursión a A Guarda e Tui abre en Paderne o programa de saídas socioculturais de 2026

O Concello de Paderne retomará o sábado 14 de marzo o seu programa de saídas socioculturais coa primeira excursión de 2026, unha proposta que levará á veciñanza ata A Guarda e Tui e que incluirá tamén unha visita guiada ao Monte de Santa Tegra.
A actividade está dirixida a persoas empadroadas no municipio e terá como punto de saída a Casa do Concello, desde onde o autobús partirá ás 8.30 horas rumbo á provincia de Pontevedra. Durante a xornada, as persoas participantes poderán coñecer ambas localidades e gozar dalgúns dos seus espazos máis representativos.
O prezo da inscrición é de 35 euros e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden reservar chamando ao 981 79 70 01 ou escribindo ao correo cultura@concellodepaderne.com antes do 11 de marzo.