Unha decena de mulleres de Cambre mellorarán as súas habilidades dixitais co programa Alicia

ACoruñaXa
A iniciativa, impulsada pola Concellería de Servizos Sociais de Cambre en colaboración co Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres, busca facilitar a inserción laboral das participantes
Cambre empleo mujeres
17 Out 2024

Dez mulleres en situación de desemprego participaron onte na xornada inaugural do programa Alicia, unha iniciativa que ten como obxectivo reforzar as súas competencias dixitais para mellorar as súas oportunidades no mercado laboral. O proxecto, promovido pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración co Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres, ofrece unha serie de sesións prácticas dirixidas a proporcionar ferramentas útiles na procura de emprego.

A concelleira de Servizos Sociais e Recursos Humanos, Landa Díaz, destacou a importancia de iniciativas coma esta, sinalando que "son esenciais para dar a coñecer as distintas opcións que estas mulleres teñen ao seu alcance e que poden abrirlles novas portas no ámbito laboral".

O programa abordará diferentes temáticas, incluíndo estratexias para o uso de tecnoloxías dixitais na busca de traballo e a creación de perfís profesionais en plataformas de emprego. A formación estrutúrase en varias xornadas, a primeira das cales tivo lugar hoxe, e continuará os días 30 de outubro, 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25, 27 e 28 de novembro. As sesións estarán a cargo de especialistas da Fundación Mujeres.

 

0.098200798034668