Unha cea-baile en Xarío xuntará Perbes coa música do Dúo Matices

ACoruñaXa
A comisión de festas organiza a cita o sábado 7 de marzo no local social, con inicio ás 21.00 horas e un menú con churrasco por 15 euros
MIÑO festa perbes
4 Mar 2026

Perbes quenta motores para unha noite de encontro e festa. A comisión local organiza este sábado 7 de marzo unha gran cea-baile no local social de Xarío, unha proposta pensada para reunir veciñanza e visitantes arredor dunha mesa e continuar despois coa música en directo.

A convocatoria arrincará ás 21.00 horas e inclúe un menú no que non falta o churrasco, o criollo, o pan, auga ou viño, ademais de sobremesa e café. O prezo fixouse en 15 euros por persoa.

A animación da noite correrá a cargo do ‘Dúo Matices’, encargado de poñer banda sonora á velada no local social de Xarío, situado na contorna do Apeadoiro de Perbes.

0.1245129108429