Un xantar solidario convocará á veciñanza de Cambre para apoiar a loita contra o cancro

ACoruñaXa
A comida benéfica impulsarase desde Cambre e celebrarase o sábado 14 de marzo, ás 14.30 horas, no restaurante El Pantano, en San Román Orto (Abegondo), con música e ‘sorpresas’
CAMBRE comida solidaria 2026
5 Mar 2026

A Asociación Española Contra o Cancro en Cambre e o Concello volven apelar á solidariedade cunha cita arredor da mesa. O sábado 14 de marzo de 2026 organizarase unha comida solidaria co obxectivo de recadar fondos para apoiar o traballo que a entidade desenvolve acompañando a persoas con cancro e ás súas familias.

A xornada comezará ás 14.30 horas e terá como escenario o restaurante El Pantano, situado en San Román Orto (Abegondo). A organización adianta que, ademais do xantar, haberá música e algunhas ‘sorpresas’ para completar unha tarde pensada para compartir e colaborar.

O prezo do menú será de 40 euros para persoas adultas e de 25 euros no caso do público infantil. As entradas poden mercarse no propio restaurante, así como en dous puntos de venda en Cambre (Entre Cosméticos Cambre e a Asociación Terceira Idade A Barcala).

0.11850690841675