Un veciño e unha veciña de Miño chegan aos cen anos

ACoruñaXa
Desde o Concello de Miño acudiron a darlles os parabéns polos seus 100 anos
centenario-mino
2 sep 2024

Chegaron aos cen anos dous veciños do Concello de Miño que residen nos núcleos de Bra e Sombreu. Dunha banda María del Carmen Porca Valiño (Bra) e da outra José Bañobre Cabana (Sombreu). Ambos os dous estiveron de aniversario e cumpriron un século de vida.

Desde o Concello de Miño acudiron a darlles os parabéns polos seus 100 anos o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Bello. Aos dous centenarios miñenses entregóuselles un obsequio polo seu aniversario.

0.17593598365784