Un obradoiro en Irixoa abordará a xestión das emocións na adolescencia e preadolescencia

ACoruñaXa
A actividade, gratuíta e con inscrición previa, celebrarase o martes 14 de abril na Biblioteca Municipal e está dirixida a familias, menores acompañados e público interesado
IRIXOA biblioteca
10 Apr 2026

A Biblioteca Municipal de Irixoa acollerá o martes 14 de abril, ás 16.30 horas, un obradoiro centrado na xestión das emocións durante a adolescencia e a preadolescencia, unha etapa especialmente sensible no desenvolvemento persoal e social da mocidade.

A iniciativa está orientada a ofrecer ferramentas para aprender un manexo axeitado do estrés e da ansiedade nestas idades. A actividade diríxese a familias con menores nesta etapa evolutiva, a menores acompañados e tamén ao público en xeral interesado nesta materia.

O obradoiro será gratuíto e está financiado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, mentres que a súa xestión corre a cargo do Concello de Irixoa.

Para participar será necesario realizar inscrición previa no Departamento de Servizos Sociais ou a través do teléfono 981793001.

0.11203098297119