Un incendio deixa fóra de servizo os aseos do paseo marítimo de Sada tras arder un carriño no interior

ACoruñaXa
O Concello denuncia un acto vandálico nos baños públicos situados xunto ás pistas polideportivas e confirma que a Policía Local investiga os feitos
SADA quema de baños
4 Mar 2026

Os aseos públicos do paseo marítimo de Sada, situados xunto ás pistas polideportivas, quedaron completamente fóra de servizo despois dun incendio rexistrado na noite do luns ao martes (2 ao 3 de marzo). Segundo informou o Concello, unha persoa achegou ao interior un carriño de bebé e prendeu lume, o que provocou danos de consideración na instalación.

O goberno local explica que, a consecuencia do incendio, será necesario acometer unha limpeza en profundidade e traballos de reparación antes de poder reabrir os baños ‘con garantías’. Mentres tanto, o espazo permanecerá pechado.

A Policía Local xa abriu unha investigación co obxectivo de identificar á persoa ou persoas responsables. Dende o Concello solicitan colaboración cidadá e piden que calquera información que poida axudar a esclarecer o ocorrido se comunique ao propio Concello ou á Policía.

O Concello de Sada condena ‘con total firmeza’ o sucedido e cualifica o ataque ao patrimonio público como un feito ‘moi grave e absolutamente inaceptable’, ao tratarse dun servizo de uso diario para a veciñanza, traballadores e persoas visitantes. O executivo municipal subliña que non pretende ‘normalizar’ este tipo de comportamentos que danan bens comúns.

0.1223521232605