Un ‘Entroido espacial’ con antifaces e naves extraterrestres na Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo

ACoruñaXa
O taller de manualidades celebrarase o mércores 18 de febreiro, de 17.00 a 18.30 horas, para nenos e nenas a partir de 7 anos
CULLEREDO obradoiro espacial
12 Feb 2026

O Entroido tamén pode ser unha viaxe ao espazo. A Biblioteca Miguel González Garcés, no Burgo, acollerá o mércores 18 de febreiro o obradoiro creativo ‘Entroido espacial’, unha actividade pensada para que a rapazada complete o seu disfrace con manualidades e deixe voar a imaxinación.

Durante a sesión, as nenas e nenos elaborarán antifaces de temática astronómica e pequenas naves extraterrestres con técnicas sinxelas. As monitoras encargaranse de guiar o traballo e facilitarán os materiais necesarios.

O taller está dirixido a participantes desde os 7 anos e desenvolverase entre as 17.00 e as 18.30 horas. Para asistir é preciso inscribirse previamente no teléfono do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (981 66 55 97).

A proposta forma parte da programación infantil do Entroido, que inclúe tamén unha festa este sábado no pavillón do colexio Sofía Casanova, en Vilaboa, de 17.00 a 20.00 horas, ademais doutras actividades de animación nos centros sociais nos vindeiros días.

⚙ Configurar cookies
0.080038785934448