Últimos días para solicitar praza no CEIP Plurilingüe Bragade para o curso 2026/27

ACoruñaXa
O prazo de admisión para o novo alumnado e para escolares de Infantil e Primaria que queiran cambiar de centro permanecerá aberto ata o 20 de marzo
OZA-CESURAS ceip bragade
12 Mar 2026

O CEIP Plurilingüe Bragade encara a recta final do proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27, cun prazo de solicitude aberto ata o vindeiro 20 de marzo. O chamamento diríxese ás familias con fillas e fillos que se incorporan por primeira vez ao sistema educativo, maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil, así como ao alumnado de Educación Infantil e Primaria que desexe cambiar de centro, sempre que existan prazas dispoñibles.

Dende o colexio lembran a importancia de completar a solicitude dentro das datas establecidas para evitar quedar fóra dun procedemento clave na planificación do próximo curso escolar. Ademais, o centro ofrece atención ás familias para resolver dúbidas ou prestar apoio durante a tramitación.

As consultas poden realizarse a través do teléfono 881 880 509 ou do correo electrónico ceip.cesuras@edu.xunta.gal. O equipo educativo recomenda que, se nun momento dado non é posible atender unha chamada, as familias remitan un correo electrónico para facilitar un contacto posterior.

O calendario do procedemento xa fixa tamén as seguintes datas relevantes. As listaxes provisionais de alumnado admitido publicaranse o 25 de abril, mentres que as definitivas verán a luz o 15 de maio. A formalización da matrícula desenvolverase entre o 20 e o 30 de xuño.

O centro indica ademais que na súa páxina web oficial pode consultarse toda a documentación vinculada ao proceso, entre ela a información sobre a admisión do novo alumnado, o calendario, os postos escolares vacantes, o tríptico informativo e os distintos impresos necesarios para presentar a solicitude.

0.085928916931152