Tres deportistas do Kwon Betanzos, recoñecidas como ‘deportistas de rendemento deportivo de base’

Arianna Deibe, Julia Gómez e Sofía Rodríguez, deportistas do club Kwon Betanzos, veñen de ser recoñecidas como ‘deportistas de rendemento deportivo de base’ polos seus méritos e resultados deportivos do último ano. Trátase dunha distinción autonómica destinada a menores de 16 anos que supón vantaxes para poder compaxinar a práctica deportiva cos estudos.
Desde o Kwon Betanzos destacan que este tipo de recoñecementos axudan a facer máis doada a conciliación entre a esixencia dos adestramentos e a formación académica, ademais de abrir portas de cara ao futuro para o acceso a estudos superiores e a posibles liñas de apoio e subvencións.
O club sinala que detrás deste logro hai “moitas horas de traballo” e constancia, e felicita ás tres deportistas polo camiño percorrido, animándoas a seguir medrando tanto no deporte como no ámbito educativo.