Traslados ao Centro Cívico de Santa Cruz os obradoiros de Nadal previstos na Praza Esther Pita de Oleiros

ACoruñaXa
O Concello muda a localización por motivos loxísticos e meteorolóxicos, mantendo datas e horarios e con acceso libre para a cativada
Nadal Oleiros
23 Dec 2025

O Concello de Oleiros informou de que as actividades e obradoiros de Nadal programados na Praza Esther Pita non se celebrarán finalmente ao aire libre. Por razóns loxísticas e meteorolóxicas, todas as propostas trasládanse ao interior do Centro Cívico de Santa Cruz, situado na rúa Ricardo Cubeiro, sen cambios no calendario previsto.

A programación inclúe obradoiros de manualidades e sesións de animación con xogos, dirixidos a crianzas e familias. O Concello remarca que todas as actividades son de acceso libre e gratuítas para a cativada.

  • O calendario mantense do seguinte xeito:Martes 23 de decembro (17.00-20.00 h): rebumbio de obradoiros (piruleta de Nadal, carta a Papá Noel, reno Rudolph...).
  • Venres 26 de decembro (17.30-19.30 h): animación e xogos.
  • Sábado 27 de decembro (17.30-19.30 h): obradoiro de Nadal ‘Os elfos de Papá Noel’.
  • Luns 29 de decembro (17.00-20.00 h): rebumbio de obradoiros (boneco de neve, árbore de Nadal, glitter...).
  • Martes 30 de decembro (17.30-19.30 h): animación e xogos.
  • Venres 2 de xaneiro (17.00-20.00 h): rebumbio de obradoiros (camelos, estrela fugaz, roscón de Reis...).
  • Sábado 3 de xaneiro (17.30-19.30 h): obradoiro de Nadal ‘Buscando a Rodolfo’.
⚙ Configurar cookies
0.077459096908569