Torres quenta o Entroido cunha festa de disfraces no pavillón municipal o 14 de febreiro

ACoruñaXa
A cita, en Vilarmaior, comezará ás 23.00 horas e contará con verbena a cargo da orquestra Panamá, sorteos e premios en metálico para grupos e participantes individuais
VILARMAIOR pavillon
22 Jan 2026

O Entroido 2026 terá unha das súas noites grandes en Torres (Vilarmaior) coa celebración dunha festa de disfraces no Pavillón Municipal de Torres. O encontro está programado para o sábado 14 de febreiro e dará comezo a partir das 23.00 horas.

A velada contará cunha verbena amenizada pola orquestra Panamá e incluirá sorteos entre as persoas asistentes. Ademais, haberá premios en metálico para recoñecer a creatividade dos disfraces nas modalidades de grupo e individual.

No apartado de grupos, establécense tres galardóns de 200 euros para o primeiro premio, 150 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro. Na categoría individual, os premios serán de 100 euros, 75 euros e 50 euros, respectivamente.

A actividade está organizada pola Asociación de Veciños S. Jorge de Torres e conta coa colaboración do Concello de Vilarmaior.

VILARMAIOR entroido
⚙ Configurar cookies
0.094089031219482