Terra Nai convoca en Churío unha xornada aberta para sumar propostas e comezar 2026 con ‘calma e música con alma’

ACoruñaXa
A cita será o 18 de xaneiro, de 10.30 a 14.30 horas, na Yurta Terra Nai, con acceso gratuíto, falangueo, petiscos e concerto, con confirmación previa
IRIXOA vai terra nai
12 Jan 2026

A asociación Terra Nai convida ás persoas socias, simpatizantes e tamén a quen queira achegarse por primeira vez ao proxecto a participar na xornada #AXornadaVaiTerraNai, unha encontro pensado para compartir ideas e ‘abrazar o corpo e atraer a calma’ no inicio de 2026.

A actividade desenvolverase o 18 de xaneiro na Yurta Terra Nai, en Churío, en horario de 10.30 a 14.30 horas. A organización explica que será unha mañá de conversa, petisquiños e música, cun peche en forma de concerto ‘que abriga’.

O acceso é gratuíto, pero solicítase confirmación de asistencia no teléfono 659.553.938. Ademais, a partir das 14.30 horas propoñen un ‘free style’ no que cada quen poderá quedar para unha comida compartida ou volver á casa, segundo lle apeteza. Terra Nai anima tamén a levar propostas e ideas para definir as próximas liñas do proxecto.

⚙ Configurar cookies
0.077330827713013