Teixeiro reúne case 100 xogadores no 6º Torneo Solidario de Bádminton e entrega tres coches de alimentos a Cáritas

ACoruñaXa
A cita, organizada polo CD Hydra Teixeiro, xuntou participantes de 7 a 72 anos e sumou arredor de 200 partidos, cun ambiente festivo pese ao frío
CURTIS hydra solidario
22 Dec 2025

O pavillón de Teixeiro (Curtis) viviu unha intensa xornada de deporte e solidariedade co 6º Torneo Solidario de Bádminton organizado polo CD Hydra Teixeiro. Segundo o balance do club, o evento foi un ‘exitazo’ e congregou case 100 participantes, con idades comprendidas entre os 7 e os 72 anos.

A competición e os encontros amistosos completaron preto de 200 partidos ao longo da xornada, marcada pola convivencia entre xogadores que se iniciaban e deportistas con máis experiencia. Dende o Hydra salientan que se puideron ver tanto ‘primeiros toques’ cheos de mérito por parte das novas incorporacións como remates imposibles dos máis avezados.

Máis alá da vertente deportiva, o torneo tivo un claro compoñente solidario: a recollida de alimentos permitiu encher tres coches con bolsas destinadas a Cáritas Parroquial. O club agradeceu a implicación de todas as persoas participantes, chegadas non só de Teixeiro senón tamén doutros puntos como Vilasantar, Aranga, Betanzos, Oleiros e A Coruña, entre outros.

⚙ Configurar cookies
0.082564115524292