Teixeiro prepara a súa feira: Comercio, cogomelos e foliada

último fin de semana de outubro Teixeiro acolle a Feira do Comercio Local, a XXV Exaltación dos Cogomelos e a X Ruada de Teixeiro. A carpa na Praza de España ofrecerá obradoiros para nenos e adultos, xogos, actuacións musicais, zona de xantar e un showcooking con Lolo Mosteiro o domingo 26, seguido de degustacións.
O sábado 25, ás 10:30, celebrarase a saída ao monte para a recollida de cogomelos organizada pola Asociación Pan de Raposo, un dos actos centrais da Exaltación. O domingo terase a exposición de exemplares na Praza de España e unha ruta gastronómica e degustacións polos locais de Curtis e Teixeiro. Haberá tamén espazos para o intercambio de coñecementos sobre identificación e preparación de cogomelos.
A X Ruada de Teixeiro animará a tarde-noite do sábado: ás 18:00 comezan os cantos de taberna e ás 20:00 iniciase a foliada aberta, con sorteos e pinchos gratis para o público. Disporase dun lugar habilitado para durmir para quen o precise.
A feira organízase pola Asociación do Comercio de Teixeiro e pola Asociación Cultural Faragulla, coa colaboración do Concello de Curtis, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.