Teixeiro celebra a XII Feira dos Oficios da Montaña cunha xornada chea de tradición e música

O Campo da Feira de Teixeiro converterase este domingo 17 de agosto no epicentro da cultura e das tradicións da montaña galega coa celebración da XII Feira dos Oficios da Montaña.
A programación arrancará ás 10.00 horas coa apertura oficial e contará, ao longo de toda a xornada, con obradoiros dirixidos a nenos e adultos. Ás 13.00 será a quenda dos “Acordeonistas de Teixeiro” e, media hora máis tarde, Xermolos animará a praza cos seus cantos de taberna. O público poderá tamén desfrutar dun servizo de xantar con ensaladilla e xamón asado, a cargo da Carnicería Víctor.
Pola tarde, ás 16.30 horas, chegará o concerto de “Punk Infantil”, seguido da tradicional Festa da Malla ás 18.00. A música continuará ás 19:00 coas actuacións de Faragullas e Os Sobraos de Bergondo. O broche final será ás 20.00 co monólogo “Enredada” de Leti da Taberna.
A feira, organizada por Orixes da Montaña coa colaboración da Deputación da Coruña, promete unha xornada única para vivir e gozar da cultura popular.