Teixeiro acollerá o VI Torneo Solidario de bádminton polo Nadal 2025

ACoruñaXa
A cita, no Pavillón de Teixeiro o 20 de decembro desde as 10.00 horas, pide como inscrición 1 quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á Cáritas parroquial
CURTIS torneo solidario hydra
16 Dec 2025

O Pavillón de Teixeiro (Curtis) converterase o vindeiro 20 de decembro no escenario do VI Torneo Solidario Teixeiro Nadal 2025 de bádminton, unha xornada deportiva con carácter festivo e benéfico impulsada polo Club Deportivo Hydra Teixeiro.

A competición arrancará ás 10.00 horas e prolongarase ata a finalización das probas. A inscrición formalizarase mediante a entrega de 1 quilo de alimentos non perecedoiros, que se destinarán á Cáritas parroquial. A organización lembra que a doazón se recollerá na entrada do pavillón o propio día do evento.

O torneo está aberto a todo tipo de participantes, teñan ou non experiencia previa no bádminton, e contará con categorías por idade e nivel. Pola mañá disputarase o torneo e, xa pola tarde, haberá retos de dobres para completar a xornada.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de decembro a través do correo cdhydra@gmail.com ou no teléfono 640 76 30 80 (Javier). As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Ademais, quen non dispoña de raqueta poderá solicitala, xa que o club facilitará material para participar.

⚙ Configurar cookies
0.077476024627686