Teatro Airiños presenta 'A vida de Brais' no Centro Ágora o 21 de febreiro con entrada de balde

ACoruñaXa
A comedia, adaptación de Life of Brian do grupo Monty Python, forma parte do programa 'Agra no Ágora' impulsado polo Concello da Coruña en colaboración coa Asociación veciñal Agra do Orzán
A CORUÑA a vida de brais
17 Feb 2026

O programa cultural 'Agra no Ágora' incorpora esta fin de semana unha nova cita teatral coa representación de 'A vida de Brais', unha comedia a cargo de Teatro Airiños que revisita en clave escénica o universo de Life of Brian. A proposta, dirixida e adaptada por Amantia Coello, aposta polo humor absurdo e sitúa a acción en Belén, Palestina, no mesmo día en que nace Xesús: Brais chega ao mundo e, a partir dese intre, a confusión e os malentendidos marcan o inicio dunha historia na que nada é exactamente o que parece.

A función celebrarase o sábado 21 de febreiro de 2026, ás 19:30 horas, no auditorio do Centro Ágora. Como o resto de actividades do programa, o evento é de acceso libre e gratuíto, dirixido a público en xeral, e enmárcase nunha programación financiada polo Concello da Coruña e deseñada en colaboración coa Asociación veciñal Agra do Orzán.

⚙ Configurar cookies
0.078016996383667