Suspendida pola previsión de mal tempo a xornada de exaltación das IXPs Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego

ACoruñaXa
A cita, prevista para este venres 23 de xaneiro no Recinto Feiral de Curtis, quedou aprazada por condicións meteorolóxicas adversas
CURTIS suspede exaltacion
22 Jan 2026

A xornada de exaltación das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego, que estaba programada para celebrarse este venres 23 de xaneiro no Recinto Feiral de Curtis, queda finalmente suspendida debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas, segundo informou o Concello.

O evento, organizado por Ternera Gallega, tiña previsto combinar unha sesión técnica con charlas divulgativas a partir das 12.00 horas e unha degustación de carnes amparadas desde as 13.30 horas, con participación orientada ao sector e acceso ao público ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.10197186470032