Sumrrá celebra 25 anos en Sada cun concerto na Casa da Cultura

ACoruñaXa
O trío galego presenta o seu 'greatest hits' dentro do programa Outono das Artes, con entrada libre ata completar aforo
SADA concerto sumrra
4 Oct 2025

A Concellería de Cultura de Sada programa para o sábado 4 de outubro, ás 19.00 h, no Auditorio da Casa da Cultura o concerto do trío de jazz SUMRRÁ, patrocinado pola Deputación da Coruña dentro do programa Outono das Artes. Formado polo batería Lar Legido, o pianista Manuel Rodríguez e o contrabaixista Xacobe Martínez, Sumrrá chega á vila celebrando o seu cuarto de século cunha xira de “greatest hits” que recompila a súa traxectoria —nacidos coa intención de dar 'catro concertos', seguen sorprendendo 25 anos despois— cun son que fuxe de etiquetas e que os converteu nun referente da escena jazzística estatal e cunha consolidada proxección internacional.

Considerados por críticos como Cándido Querol 'o trío máis innovador da escena española', acumulan xiras por países como Bolivia, Bulgaria ou Sudáfrica e actuacións en numerosos festivais; en Sada ofrecerán un repertorio que repasa a súa diversidade estilística e a forza interpretativa do grupo. A entrada é libre ata completar aforo, polo que recoméndase chegar con antelación para garantir praza.

⚙ Configurar cookies
0.10003280639648