Sons de jazz, rock e soul este sábado 9 de agosto en Santa Cristina e Mera

O Concello de Oleiros organiza para este sábado 9 de agosto unha nova edición de 'Música na rúa', unha iniciativa que ofrece concertos ao aire libre en diferentes puntos de Santa Cristina e Mera. A programación desenvolverase de 20.00 a 22.00 horas, con actuacións de distintos xéneros musicais para todos os gustos.
Na Avenida de Santa Cristina, na zona de A Maquía, poderase gozar do jazz, blues e soul de Marian Ledesma e Jaime Celada. Mentres, diante do Hotel Santa Cristina, o dúo Steel Wire interpretará versións de temas clásicos desde os anos 60 ata hoxe. Na Praza do Arxentino en Mera, Juego Sucio ofrecerá un repertorio de rock con versións de todos os tempos.
A actividade é de balde e está pensada para fomentar a cultura e dinamizar o tecido local, achegando música de calidade á veciñanza e visitantes durante as noites de verán.