Sigrás celebra o Nadal cun contacontos e unha chocolatada con churros de balde este domingo

O Nadal terá unha parada especial este domingo 28 de decembro no local da asociación de Sigrás, que organiza unha tarde pensada para xuntar á veciñanza e, sobre todo, ás familias. A programación arrincará ás 17.00 horas cunha sesión de contacontos, coa que se busca encher de maxia navideña os corazóns dos máis pequenos a través de historias.
Xusto despois, a partir das 18.00 horas, celebrarase unha chocolatada con churros de balde, unha proposta para compartir merenda e ambiente festivo. A organización avanza que, ademais, haberá música e máis sorpresas ao longo da tarde, coa invitación aberta a participar e celebrar o Nadal en comunidade.