¡Setas ao ataque! Abegondo convértese na capital micolóxica do outono

A programación arrinca o xoves 16 coa primeira das dúas conferencias que se celebrarán na Casa do Concello. Os dous relatorios, o 16 e o 17 en horario de 19.00 a 21.00 horas, abordarán temas clave da micoloxía: anatomía dos fungos, como distinguir especies tóxicas das comestibles, as variedades galegas máis habituais e as confusións máis frecuentes que poden xerar riscos no consumo. As ponencias están pensadas tanto para afeccionados como para persoas que se están iniciando no recoñecemento de especies.
O sábado 18 terá lugar a actividade máis práctica: unha saída guiada ao monte para a recolección de exemplares, coa supervisión de especialistas que ensinarán a identificar in situ as especies e as boas prácticas de recollida sostible. A xornada pecharase cunha degustación de diferentes variedades recollidas e cun cocido popular, que permitirá aos asistentes probar receitas tradicionais e compartir experiencias.
As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Abegondo ou chamando ao teléfono 618 740 561. A organización recomenda acudir con roupa e calzado axeitados para o terreo, levar cestas ou caixas transpirables para recoller os exemplares e respectar as prácticas respectuosas co medio —non arrincar cogomelos que non se van consumir e non danar o micelio— para garantir a conservación dos recursos naturais.
As Xornadas Micolóxicas combinan divulgación científica, aprendizaxe práctico e disfrute gastronómico; un programa que reforza o vínculo coa natureza e a tradición culinaria galega e que ofrece unha oportunidade perfecta para aprender a distinguir e gozar das especies autóctonas do outono.