Dobre proposta para o Nadal en Culleredo: campus de patinaxe do Club Aura e campus deportivo do Sport Sala Culleredo FS

ACoruñaXa
O primeiro celebrarase do 22 ao 27 de decembro no polideportivo Ría do Burgo con merenda e chocolatada, mentres que o segundo estenderase ata o 2 de xaneiro no pavillón municipal e no campo de Tarrío para nenos e nenas de 5 a 14 anos
CULLEREDO campus nadal
16 Dec 2025

Culleredo contará estas festas con dúas alternativas para facilitar a conciliación e ofrecer actividades de lecer e deporte á rapazada. Por unha banda, o Club Aura organizará un ano máis o seu Campus de patinaxe de Nadal, que se desenvolverá os días 22, 23, 24, 26 e 27 de decembro, de 9.30 a 13.30 horas, no polideportivo Ría do Burgo. A proposta inclúe merenda e anuncia tamén unha chocolatada, ademais doutras sorpresas.

As familias interesadas en obter máis información e formalizar a inscrición poden facelo chamando ao 649 820 720.

A segunda opción chega da man do Sport Sala Culleredo FS, que promove o seu Campus de Nadal entre o 22 de decembro e o 2 de xaneiro. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 14 anos e levarase a cabo no pavillón municipal e no campo de fútbol de Tarrío, en horario de 9.30 a 13.30 horas. Ademais, inclúe a posibilidade de 'madrugadores' desde as 8.30 horas.

Segundo indica a organización, as inscricións poden facerse para participar na experiencia completa ou ben por semanas, en función das necesidades de cada familia.

⚙ Configurar cookies
0.075576066970825