Seis escapadas ao spa para maiores de 60 con prazas limitadas

ACoruñaXa
O Concello de Vilasantar abre as anotacións para as 'Xornadas de Termalismo', con seis datas entre marzo, abril e maio e 30 prazas dispoñibles en cada quenda
CARTEL HOTEL SPA ATTICA 21 VILALBA
6 Mar 2026

O programa social do Concello de Vilasantar suma unha proposta pensada para o benestar e a convivencia: as 'Xornadas de Termalismo' no Attica21 de Vilalba, dirixidas a persoas maiores de 60 anos empadroadas no municipio. A iniciativa ofrece seis saídas repartidas entre marzo, abril e maio, cun máximo de 30 prazas por día.

As datas distribúense por zonas. Para Vilasantar, Mezonzo e Barbeito, as xornadas serán o 10 de marzo, o 29 de abril e o 11 de maio. Para Présaras, Vilariño, Armental e San Vicente, están previstas o 17 de marzo, o 22 de abril e o 18 de maio.

As prazas adxudicaranse por orde de anotación e non se poderá escoller a data. As inscricións tramítanse no teléfono 981 77 82 57. O Concello lembra tamén que as persoas participantes deberán acudir co material necesario: traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.

0.11718606948853