Sara Merso estrea a súa faceta de compositora cun concerto este sábado na Coruña

ACoruñaXa
A vocalista lidera un grupo constituído por Pablo Añón, Alba Seijo, Irene Añón, Iago Mouriño, Rubén Deschamps, Octavio Vargas e Bruno Couceiro
sara-merso
9 Oct 2024

A cantante e corista Sara Merso presentará no Jazz Filloa a súa faceta como compositora. A artista celebrará a estrea absoluta do proxecto coas súas propias cancións nun concerto que terá lugar o 12 de outubro no templo coruñés da música en directo e para o que xa non quedan entradas dispoñibles.

Tras 16 anos como solista e corista, tanto en directos como en gravacións de artistas, e nos que foi parte fundamental de formacións como Savoy Club Big Band, Sisters in the House, Freedom (The very best of Aretha Franklin) ou Sabinaria, Sara Merso dá un novo paso na súa carreira. O vindeiro sábado 12, a cantante estreará ante o público do Jazz Filloa a súa faceta como compositora e líder absoluta dun proxecto musical moi persoal no que soul, jazz, blues, folk, pop e gospel mestúranse con latin jazz, sons mediterráneos e escintileos de rock.

A autora e intérprete presentará este mesmo sábado, en exclusiva, antes de entrar no estudo de gravación, toda unha serie de temas propios, redondeados con arranxos de Pablo Añón. Sobre o escenario, Sara Merso estará acompañada por Irene Añón e Alba Seijo nos coros, Pablo Añón nos ventos, Iago Mouriño ao piano, Rubén Deschamps á guitarra, Octavio Vargas ao baixo e Bruno Couceiro á batería.

0.15280604362488