Santiago de Adragonte acolle a Gran Churrascada de Areas con Los Satélites

ACoruñaXa
A cita será o sábado 28 de marzo con sesión vermú ás 14.00h, churrascada e festa dende as 18.00h con Los Satélites e DJ Sebas21
PADERNE churrascada adragonte
7 Feb 2026

A parroquia de Santiago de Adragonte, no concello de Paderne, acollerá o sábado 28 de marzo unha nova edición da Gran Churrascada de Areas, unha xornada festiva que combina gastronomía e música e que se desenvolverá nun campo cuberto con carpa.

O programa arrincará ás 14.00h cunha sesión vermú amenizada por DJ Sebas21 e, a continuación, celebrarase a churrascada. O menú inclúe churrasco, chourizo, pan, viño e sobremesa. Os tickets teñen un prezo de 16 euros en venda anticipada e 18 euros o propio día.

A partir das 18.00h comezará a sesión de tarde coa actuación da orquestra Los Satélites e de novo DJ Sebas21. Ademais, a organización anuncia un sorteo de 300 euros durante a festa.

As entradas pódense mercar en 'O Noso Bar' (Areas) e tamén a través dos teléfonos 660 390 787 (Nando), 659 56 79 58 (Berta) e 689 91 87 98 (Hugo). A Gran Churrascada está promovida pola Comisión Areas 2026 e conta coa colaboración do Concello de Paderne.

⚙ Configurar cookies
0.081799983978271